Galicia é

 

Pra min Galicia é

non ter palabras, nin bágoas,

nin un mínimo aceno da faciana

que poda explicar

o que Galicia é.

 

Unha forma de ser con lingua propia,

con lugares únicos, con soños

tinguidos dunha esperanza pesarosa.

 

Onde os campos se tinguen de fermosas casas,

con centos de contos de familias

que un día foron un cento.

 

Pra min Galicia é  un lugar de nacemento de soños,

de xenios,  de longos outonos.

 

Da longa negrura das noites de inverno

nace o carácter pechado

que se espalla nun mesmo.

 

A constante espera dun día de sol,

a resignada benvida da chuvia,

o acougado saúdo ao solpor.

 

A confianza na desconfianza,

a xenialidade vestida de retranca

a importancia da familia

ó redor dunha mesa de comida.

 

Pra min Galicia é nostalxia,

unha pena omnipresente porque

algún día deixarás de vela.

 

Mais eu deixo de sentila cando penso que,

cos pes por diante, voltareia á terra

sendo xa parte dela.

 

E así é como todos os galegos

somos Galicia.

 

E cando unha branca brétema,

abrolle da terra

con feitura humana,

¡serei eu a Santa Compaña!

graffiti-1561709_1920

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s